Proxectos |
Cara ao final da asignatura os alumnos deberán escoller un tema relacionado co ámbito do Filtrado Adaptativo para a elaboración dun traballo de investigación. O instrutor proporcionará unha lista de posibles temas, aínda que se permitirá ao alumno abordar temas non incluídos nesta lista previa consulta e aprobación por parte do instrutor. Dependendo da envergadura do tema seleccionado, estes proxectos poderanse realizar individualmente ou por parellas. |
30 |
Estableceranse prazos concretos para as entregas das resolucións de exercicios e informes de prácticas. As entregas fóra de prazo non serán valoradas. Toda forma de plaxio, ou calquera outro mecanismo mediante o cal un alumno presente traballo que non é realmente seu, será considerada como falta moi grave e dará lugar automáticamente á non superación da asignatura (suspenso). Entre as posibles causas de suspenso inclúense: * Entrega de material creado por outra(s) persoa(s) * Entrega de material descargado electrónicamente de bases de datos en liña sen especificar a súa fonte * Permitir a outros alumnos copiar ou entregar o traballo dun coma se fose propio deles * Entregar material asignado para traballo en grupo sen realizar a parte correspondente En caso de non superar a asignatura mediante os actos de evaluación definidos na guía docente para a primeira oportunidade, o coordinador da asignatura comunicará ao alumno nos quince días seguintes á finalización das actividades académicas do cuatrimestre correspondente que actos de avaliación ten que realizar para superar a asignatura na segunda oportunidade. |