Resolución de problemas e/ou exercicios de forma autónoma |
Tras un periodo adecuado para permitir o estudo e a maduración dos conceptos correspondentes a cada bloque do temario, entregaranse unha serie de exercicios que os alumnos deberán resolver e entregar nun prazo determinado, ao cabo do cal proporcionaráselles as solucións correspondentes. Tamén se proporcionarán dúas tarefas puntuables, tralo primeiro e segundo terzos do curso, con carácter máis experimental. |