Esta materia proporciona ao alumno unha visión completa e actual das técnicas de procesado avanzado do sinal de voz. É un curso pensado para introducir novos conceptos e técnicas e facer reflexionar ao alumno sobre eles, mostrándolle, por exemplo, como un mesmo procedemento pode ser empregado con distintos fins dentro do procesado de voz. Os primeiros tres temas do curso se céntranse fundamentalmente na análise e codificación do sinal de voz. Por suposto, abórdase a descrición e comparación dos estándares máis relevantes, sexa pola súa importancia histórica ou pola su ampla utilización na actualidade, o que lle proporciona ao alumno a necesaria conexión entre os modelos teóricos e a súa aplicación práctica. O cuarto tema adícase ao estudo das técnicas de síntese de voz, una liña de investigación na que durante os derradeiros anos fixéronse importantes avances. Aínda que nun sistema de conversión texto-voz ten gran importancia o procesado lingüístico e prosódico, neste curso centrarémonos fundamentalmente nas técnicas de xeración do sinal sintético. Finalmente, faise una breve introdución aos codificadores de voz contemplados nos estándares MPEG-audio e a codificación unificada de voz e audio.