Estudo de casos/análises de situacións |
Proporciónanselle ao alumno diversos artigos e información de estándares que este debe analizar criticamente, tendo en conta técnicas alternativas que se poderían considerar. |
Foros de discusión |
Ademais de como medio de comunicación entre profesor e alumnos, nos foros preténdese promover a discusión crítica entre os propios alumnos. Así, por exemplo, esta será a canle para que os alumnos consulten cos seus compañeiros as dúbidas xurdidas na realización dos distintos exercicios. A misión do profesor nos foros será a de encarrilar as discusións por un camiño axeitado e a de propoñer novos temas de discusión. |