Foros de discusión |
Valorarase a participación do alumno nos foros de discusión, con especial atención á calidade das ideas e comentarios neles vertidos.
|
10 |
Estableceranse prazos concretos para as entregas das
resolucións de exercicios e informes de prácticas. As entregas fóra
de prazo non serán valoradas. Toda forma de plaxio, ou calquera
outro mecanismo mediante o cal un alumno presente traballo que non é
realmente seu,será considerada como falta moi grave e dará lugar
automaticamente á non superación da materia (suspenso). Entre
as posibles causas de suspenso inclúense: * Entrega de material creado por outra(s) persoa(s) * Entrega de material descargado de bases de datos en liña sen especificar a súa fonte * Permitir a outros alumnos copiar ou entregar o traballo dun coma se fose propio deles * Entregar material asignado para traballo en grupo sen realizar a parte correspondente En caso de non superar a materia mediante os actos de avaliación definidos na guía docente para a primeira oportunidade, o coordinador da materia comunicará ao alumno no quince días seguintes á finalización das actividades académicas do cuadrimestre correspondente que actos de avaliación ten que realizar para superar a materia na segunda oportunidade. |