Acústica Avanzada, desenvolve métodos de cálculo avanzados de aplicación en problemas de enxeñaría acústica. Introdúcense os métodos de elementos finitos e elementos de contorno mediante a aplicación a problemas prácticos de radiación, difracción e estudio de campo acústico en interiores.
Desenvólvese ademais o método de cálculo para illamento acústico en edificación, baseado na familia de normas internacionais ISO 12354.
A asignatura desenvólvese principalmente en inglés. Únicamente o inicio da asignatura, o método de elementos finitos será impartido en castelán.