Seguindo as directrices propias da titulación ofreceráselle ao alumnado que curse esta materia dous sistemas de avaliación: avaliación continua e avaliación mediante un exame final. 1.- Avaliación continua A avaliación da materia realízase mediante unha avaliación continua, consistente nun exame teórico e na entrega de dous traballos teórico-prácticos (proxectos). No entanto, tamén se recolle como alternativa a posibilidade de realizar un exame final. O exame teórico incluirá os contidos dos tres primeiros temas da materia e realizarase na cuarta semana de docencia, en horas de clase (horas tipo A). O peso deste exame será de 2 puntos sobre 10. O primeiro traballo teórico-práctico incluirá os contidos dos temas 1 ao 5. Consistirá no deseño dun sistema básico de procesado de sinal e realizarase en horas de laboratorio (horas tipo B) en grupos de dous ou tres estudantes. O seu contido indicarase na segunda semana de clases e a entrega realizarase na sétima semana. Como resultado do traballo entregarase unha memoria e, posteriormente, presentarase o sistema deseñado. O peso desta avaliación é de 3,5 puntos sobre 10. O segundo traballo teórico-práctico incluirá os contidos dos temas 6 ao 9. Estes traballos realizaranse en horas de laboratorio (horas tipo B) en grupos de dous ou tres estudantes. O seu contido indicarase na sexta semana de clases e a entrega realizarase na semana 13. O peso desta avaliación é de 4,5 puntos sobre 10. A cualificación final da materia será a suma das tres avaliacións. Para aprobar a materia débense cumprir as seguintes condicións: - Obter un mínimo de 5 puntos sobre 10 na avaliación global. - Obter un mínimo do 40% da nota máxima de cada unha das actividades avaliadas. O alumnado que non supere algunha das avaliacións deberá presentarse á parte do exame final que corresponda. Do mesmo xeito, as e os estudantes que queiran mellorar a nota obtida nalgunha das avaliacións poderán presentarse a devandito exame final. No caso de que un alumno non obteña o mínimo do 40% da nota máxima nalgunha das tres actividades avaliadas, pero si supere o mínimo de 5 puntos sobre 10 na avaliación global, considerase que o alumno está suspenso e a nota que figurará na acta será 4,5 puntos. Enténdese que a alumna ou alumnno opta por avaliación continua se realiza o primeiro traballo teórico-práctico e dende ese momento considérase que se presentou á convocatoria. 2.- Avaliación mediante o exame final. O exame final constará das mesmas actividades avaliativas que se recollen na avaliación continua. Isto significa que na data prevista para o exame final o alumnado que non optase pola avaliación continua deberá realizar o exame teórico dos temas 1 ao 3 da materia e entregar as memorias dos dous traballos teórico-prácticos equivalentes aos que se realizan na avaliación continua. Os devanditos traballos indicaranse na oitava semana de clases e presentaranse na semana seguinte á entrega. Tal como se indicou anteriormente, os e as estudantes que opten pola avaliación continua e non superen algunha das actividades avaliativas ou queiran mellorar a súa nota tamén se poderán presentar ao exame final só co parte ou partes que consideren. Neste caso a cualificación será a nota máis alta entre a do exame final e a de avaliación continua. 3.- Avaliación extraordinaria (Xuñio - Xullio) O exame da avaliación extraordinaria será similar ao exame final descrito no punto 2. |