NOTA: A duración das probas parciais está sometida a posibles cambios, debido as restriccións de tempo. As duración exactas comunicaranse o longo do cuadrimestre.
EVALUACION CONTINUA:
A materia avalíase de forma continua, mediante dúas probas parciais que tratan os aspectos teóricos e un exame único de prácticas de laboratorio.
O primeiro parcial é liberatorio, e comprende os temas do un ó cinco. O segundo parcial comprende os temas do seis ó dez. O conxunto dos exames teóricos ten un peso do 60% no total da materia.
O primeiro parcial, realizado no horario de clase, ten unha duración aproximada de 90 minutos, dos que 30 corresponden a unha proba de resposta corta, e 60 corresponden ós exercicios.
Dentro de cada parcial, a proba de resposta corta e a resolución de exercicios teñen o mesmo peso.
Para superar un exame parcial, sexa o primeiro ou o segundo, requírese obter unha puntuación de 5 puntos sobre 10.
Os alumnos que aproben o primeiro parcial examinaranse soamente dos contidos do segundo parcial, con unha duración de 30 minutos para o test, e 60 minutos para os exercicios.
Os alumnos que non aproben o primeiro parcial, realizarán un exame de 3 horas de duración, 30 minutos para cada test e 60 minutos para cada exame de exercicios.
As prácticas do laboratorio avalíanse mediante un único exame de prácticas, realizado no laboratorio, con un peso na cualificación final do 30%.
Os traballos tutelados avalíanse en base á memoria que cada alumno ten que entregar ó finalizar a materia, de xeito individual. O peso sobre a nota final é de un 10%.
Cando un alumno realiza o primeiro parcial, considérase que opta pola avaliación continua, e a partires de ese momento queda presentado a convocatoria.
A cualificación obtida no exame único de prácticas, mantense para o exame da convocatoria de Xullo, salvo que o alumno renuncie a mantelo. Neste caso o alumno realizará un exame completo en Xullo, con contidos de teoría e laboratorio.
Para aprobar a materia é necesario obter unha cualificación global (CG) de ó menos 5 sobre 10. A cualificación global obtense mediante a fórmula:
CG = 0,6 * CT + 0,3*CP + 0,1*CTT
CT = nota de teoría, CP = nota de prácticas, CTT = nota do traballo tutelado.
A data prevista para o primeiro parcial sitúase na semana sesta. O segundo parcial terá lugar na data e hora fixada pola Escola.
O exame único de prácticas terá lugar no laboratorio, coincidindo coa última sesión de prácticas.
EXAMEN FINAL:
Os alumnos que non participen na avaliación continua, serán avaliados mediante un exame final, que será o mesmo que terán que superar os alumnos de avaliación continua que non superaron o primeiro parcial.
A avaliación das prácticas realízase mediante un exame de prácticas no laboratorio, durante o período dos exames finales. A duración do exame será de 2 horas. O peso da cualificación do exame de prácticas sobre a cualificación global é do 40%.
Para aprobar a materia é necesario obter unha cualificación CG de ó menos 5, na seguinte fórmula:
CG = 0,6 * CT + 0,4*CP
CT = nota de teoría, CP = nota de prácticas.
NOTA IMPORTANTE:
Os alumnos que non participen no proceso de avaliación continua, e desexen presentarse ó exame final, deben inscribirse para poder asistir, contactando cos profesores da materia, persoalmente ou mediante correo electrónico, con ó menos dúas semanas de antelación ó exame. Deste modo, facilítase a planificación dos grupos de exame no laboratorio.
EXAMEN DE RECUPERACION:
O exame de recuperación (Xuño-Xullo) ten a mesma estructura que o primeiro.
RECOMENDACIONES
OUTROS COMENTARIOS
Recoméndase ós alumnos que realicen con frecuencia buscas na rede sobre os temas relacionados coa materia especialmente os sitios dos fabricantes de dispositivos electrónicos e circuítos integrados. Tamén pode resultar útil o acceso ós apuntes que moitos profesores de outras universidades poñen ó noso servicio amablemente.
|