Seguindo as directrices propias da titulación ofrecerase aos alumnos que cursen esta materia dous sistemas de avaliación: avaliación continua e avaliación ao final do cuadrimestre.
Avaliación continua (EC):
- A parte teórica componse dun exame final (cun valor de 5 puntos). Este exame final será igual para todos os alumnos, independentemente de que optasen ou non pola EC.
- O estudante segue a avaliación continua desde o momento en que fai entrega da primeira práctica.
- A parte práctica componse de tres prácticas, que valerán 1, 2 e 2 puntos respectivamente. A primeira práctica é de entrega obrigatoria e, como mínimo, deberase entregar algunha das dúas restantes.
- A primeira práctica entregarase na semana 6.
- A segunda práctica dividirase en dous partes (valerán 0,5 e 1,5 puntos respectivamente), para facilitar a súa realización, que se entregarán nas semanas 11 e 15 respectivamente. Tras a corrección de cada unha de ambas as prácticas, o alumno poderá facer unha segunda entrega, se non se cumpren os requisitos establecidos, que lle restará ata 0,5 puntos sobre a nota de cada práctica. Tras a segunda entrega xa non se poderá modificar o código entregado e avaliarase tal cal estea.
- A terceira práctica valerá 2 puntos e poderase entregar ata a semana 16.
- Ao terminar o exame teórico realizarase unha proba práctica no laboratorio (relacionada coas dúas primeiras prácticas propostas) para comprobar que o alumno domina adecuadamente o código da súa propia práctica. O resultado da devandita proba será APTO ou NON APTO. No caso de sacar un NON APTO, será equivalente a non ter entregadas a prácticas. O estudiante deberá entregar de novo as prácticas na seguinte convocatoria e volver a presentarse a parte práctica.
- Para aprobar o alumno deberá obter polo menos 5 puntos sumando a parte teórica e a práctica (cun mínimo de 2 en cada unha delas) e obter un APTO na proba práctica do día do exame.
Avaliación ao final do cuadrimestre: O alumno que non optase pola EC deberá realizar o exame teórico e entregar, antes do día do exame final, as prácticas propostas ao longo da materia (coas posibles modificacións que se especifiquen no seu momento), para sumar un mínimo de 5 puntos na nota final. Ademais, deberá igualmente obter un APTO na proba práctica tras o exame teórico. Polo tanto as condicións impostas son as mesmas que no caso da EC e o único que cambia é a data de entrega das prácticas (que será notificada previamente) e que en este caso non se permite a súa reentrega.
Superación da asignatura: Tanto no caso de EC como da evaluación o final do cuatrimestre, para aprobar o alumno deberá obter o menos 5 puntos sumando a parte teórica e a práctica (con un mínimo de 2 en cada unha de elas) e obtener un APTO na proba práctica do día do examen.
Recuperación o final de curso: o alumno deberá realizar a parte que non superase (exame, prácticas, e/ou proba práctica). As prácticas poderán sufrir modificacións ou incorporar funcionalidades adicionais.
As prácticas propostas e realizadas neste curso non son recuperables e só son válidas para o curso actual.