Sesión maxistral |
Exposición por parte do profesorado dos conceptos principais de cada tema, fomentando a discusión crítica. Se explican as bases teóricas de algoritmos e procedementos usados para resolver problemas. En clase non se enumeran todos os contidos que son materia de exame. O alumno debe tomar como referencia de contidos de exame, ademais da materia explicada en clase, os documentos con apuntamentos facilitados polos profesores.
Traballo persoal posterior do alumno repasando os conceptos vistos na aula e ampliando os contidos tomando como referencia os documentos de apuntamentos de cada tema.
Identificación de dúbidas que precisen ser resoltas en titorías personalizadas.
|
Resolución de problemas e/ou exercicios |
Exposta unha determinada situación, o alumno debe obter a solución adecuada dunha forma razoada, elixindo correctamente as fórmulas aplicables e chegando a unha solución válida.
Os alumnos resolven os problemas previamente á clase, na cal, participarán activamente.
Identificación de dúbidas que precisen ser resoltas en titorías personalizadas. |
Prácticas en aulas de informática |
Manexo e axuste de ferramentas de análises e algoritmos, identificando cales usar en cada situación exposta.
Identificación de dúbidas que requiran ser resoltas en tutorías personalizadas. |