O procesado dixital de sinal está presente hoxe en día na maioría dos dispositivos de uso cotián para as comunicacións e lecer. O obxectivo da materia é proporcionar ao alumno as bases matemáticas para a análise de sinais e sistemas xerais. En materias de cursos posteriores, estes coñecementos aplicaranse a sinais e sistemas para usos concretos, como son o audio, imaxe, video e sinal de voz. Os obxectivos da materia son:• O manexo matemático e visual de sinais e sistemas; coñecemento e aplicación das súas propiedades.• Os distintos dominios para a análise de sinais e sistemas: dominio temporal, frecuencial e dominio Z. Saber trasladar un problema suscitado nun dominio ao dominio no que resulte máis fácil de resolver.• Dominar o concepto de resposta en frecuencia dun filtro e saber interpretar a función do sistema. Comprender a relación entre os polos e ceros da función do sistema e a súa resposta en frecuencia. Adquirir nocións básicas de deseño de filtros no dominio Z.• Manexar un paquete informático específico para o procesado dixital de sinais. • Aplica-los anteriores coñecementos a exemplos prácticos e moi sinxelos de laboratorio que inclúen filtrados, fft, enventanado e muestreo sobre sinais de imaxe, son e sistema de marcación por tons en telefonía.