Seguindo as directrices propias da titulación ofreceranse dous sistemas de avaliación: avaliación continua
(con dous opcións ) e avaliación non continua ao final do cuadrimestre.
1. Avaliación continua
Considerarase que un alumno optou pola avaliación continua cando, despois de coñecer a calificación obtida na primeira proba, participa na segunda proba.
A avaliación continua constará dun conxunto de probas planificadas e desenvolvidas ao longo do curso, e que se completará cun exame ao final do cuadrimestre que cubrirá total ou parcialmente a asignatura. As probas consistirán tanto na realización das prácticas da materia, como en tres probas avaliables, que se efectuarán aproximadamente a mediados de outubro, en novembro e a principios de decembro. As devanditas probas non liberan materia, senon que cada unha delas versará sobre os contidos vistos ata o momento de realización da proba, tanto en clases de teoría coma de prácticas, é por isto que se lle conferirá á derradeira proba un maior peso no cálculo da calificación con respecto a anterior, de forma que a primeira proba pesa un 20%, a segunda e a terceira proba un 30% e 50%, respectivamente.
As prácticas consistirán na resolución de problemas. exercicios práticos e realización de actividades nas que se aplicarán os coñecementos teóricos adquiridos a situacions concretas relacionadas coa materia. O alumno ao finalizar a clase práctica entrega o traballo ao profesor par proceder a súa corrección. Obter o apto nun 80% das prácticas é un dos requisitos que permite quedar exento da realización do exame final.
Si o alumno ten superado 2/3 das probas realizadas –sendo unha delas a derradeira proba-, ten aprobado o 80% das prácticas da asignatura e obtido unha media na calificación de 5, quedará exento da realización do exame ao final do cuadrimestre.
Os alumnos que no haxan obtido o aprobado da materia a través das probas, terán que completar a evaluación continua realizando un exame ao final do cuadrimestre que consistirá nunha proba reducida que suporá un 60% da nota que se sumará á nota obtida na avaliación continua (40% restante dos puntuables).
O estudante ten dereito a coñecer a calificación obtida en cada tarefa nun prazo razoable tras a súa realización. Asimesmo, estas tarefas non son recuperables, é dicir, se un alumno non pode cumpli-las no día estipulado o profesor non ten a obriga de repetírllas. A calificación obtida nas tarefas avaliables será válida tan só para o curso académico no que se realicen.
2. Alumnos que non optan por avaliación continua
Aos alumnos que non opten por a avaliación continua se lles ofrecerá un procedeiento de avaliación que lles permita acadar a máxima calificación. Este procedemento consistirá nun exame final que inclúa os contidos desenvolvidos nas clases de teoría e de prácticas.
3. Sobre a convocatoria de recuperación (xullo)
Para a convocatoria de recuperación (xullo) o alumno que non aprobase a asignatura elixe e comunica por escrito (unha semana antes do exame) se desea ser reevaluado completamente sobre a máxima nota posible ou se se lle aplica o procedemento de avaluación estipulado na asignatura mantendo a nota obtida nas tarefas previas. Por defecto, ao alumno se lle gardan os resultados das probas realizadas.
4. Calificación de Non Presentado
Un alumno se considerará non presentado se, como máximo, participou na primeira proba de avaliación continua. En calquera outro caso, o alumno se considerará presentado e recibirá a súa nota correspondente. |