Un 60% da nota depende da avaliación continua: a) 10% participación no debate previo á materia (LinkedIn) b) 10% contribución á dinamización das clases (imprescindible a asistencia) c) 5% participación nos procesos de mellora continua do máster (enquisas de calidade en FAITIC) d) 20% competencias na aplicación práctica do stock de coñecementos adquiridos (exercicios, casos, etc.) e) 15% test de control en FAITIC a realizar antes das clases presenciais sobre as lecturas obrigatorias O alumno deberá superar a parte de avaliación continua para aprobar a materia (calificación mínima esixida: 3 puntos). ------------------ Por outro lado, o restante 40% da nota dependerá do rendemento do estudante nun exame con 10 preguntas tipo test de resposta única, a elexir entre 4 respostas posibles. Cada pregunta correcta suma 1 punto e cada erro resta 0.33 puntos (isto nunha escala de 10 puntos). Para que poida facer media coa nota da avaliación continua, precísase obter unha puntuación mínima dun 3 sobre 10. No caso de non superar a proba tipo test na primeira convocatoria, o alumno poderá repetir a proba na convocatoria de Xullo. |