1. Aconséllase un traballo regular, sistemático, ao longo do cuadrimestre, tanto no referente aos contidos teóricos, transmitidos nas clases maxistrais, como nos traballos de seminario.
2. Os alumnos e alumnas terán en conta que se avaliará, por un lado, a participación nos seminarios e os traballos e probas prácticas (30% da nota final), e os coñecementos teóricos adquiridos a través do exame final (70% da nota final).
3. Na parte práctica, como na teórica, será especialmente tido en conta o interese demostrado e a calidade das intervencións, ben sexa dentro dos grupos de traballo que se formen, ben individualmente.
4. Recorda que para aprobar esta materia tes que ter aprobada cada unha das partes, teórica e práctica, tal e como se explica no apartado 7, referido á avaliación, desta Guía.
5. Titorías individuais: Martes, 12-14 horas. Venres: 11:30-13 horas.
|