Guia docente 2013_14
Facultade de Filoloxía e Tradución
Máster Universitario en Teatro e Artes Escénicas
 Materias
  Elaboración de Proxectos de Investigación: Deseño, Recursos e Ferramentas
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Traballos e proxectos Para a realización do proxecto o alumnado deberá seguir o seguinte procedemento:

Consultar os arquivos estudio_empírico, estrategiasLLJ, Enseñanza, pedagogiateatral e cuestionario nos que atopará exemplos de posibles investigacións, experimental ou cuantitativa e cualitativa que lles pode servir de guía e de referencia para a súa elección do deseño de investigación.

Unha vez elexido o tema obxecto de estudo debe decidir os obxectivos do mesmo e a partir deles decidir o método de investigación que vai a utilizar e as técnicas que precisaa para lograr os obxectivos deseñados. Sobre a análise de contido atopará un documento concreto ademáis dun texto básico (arquivo analisisdecontenido)

Para elo debe realizar un esquema onde se explicite a toma de decisións nas diferentes fases da investigación relacionadas coa temática que elexira. As fases de investigación son as siguientes:

1. Fase Preparatoria.

2. Fase de Traballo de Campo.

3. Fase Analítica.

4. Fase Informativa (Presentación do informe de investigación) (Ver arquivo informe).

Para decidir os métodos e as técnicas de investigación que se queren utilizar na investigación pode utilizar a bibliografía de referencia (arquivo bibliografia).
100
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A avaliación da materia
desenvólvese en varios niveis e dimensións. Partindo do marco xeral do
obxectivos, e dicir, das capacidades, a avaliación intentará recoller e valorar
aqueles aspectos relacionados co campo dos coñecementos, campo dos
procedementos, campo actitudinal e campo relacional.

Entendemos que o equilibrio estará
en que o alumnado acade estas catro grandes dimensións que dalgunha forma
contribuirá a que se forme máis integralmente.

Os traballos presentados
avaliaranse partindo dos seguintes criterios:

• Demostración da utilización e
dominio dos coñecementos disponibles nos documentos traballados na aula para
contrastar as propias ideas, apoialas e fundamentalas.

• Comprensión das ideas básicas
contidas nos materiais utilizados e analizados

• Elaboración da expresión das
ideas propias argumentadas

• Capacidade de escoita e
receptividade das ideas dos outros pa a mellora do rendimento académico

• Crítica razonada de posicions e
de feitos fundamentados con argumentos, utilizando un vocabulario técnico
propio da materia.

• Claridade expositiva nos debates
e habilidades de comunicación,

• Estructura correcta da
presentación do proxecto seguindo as pautas traballadas na aula.

• Estructura lóxica das ideas no
documento presentado

• Calidade das aportacions e
expresións de ideas innovadoras, contribuciónsno traballo en grupo, compromiso
nas diversas tarefas.