Código |
Descrición |
A14 |
Capacidade para comprender as implicacións comunicativas de diferentes tipos de discursos e xéneros discursivos orais e/ou escritos. |
A19 |
Capacidade de traballar de forma autónoma con textos literarios de diferentes tradicións dentro do ámbito anglófono, aplicando diversas metodoloxías teóricas e críticas. |
A20 |
Habilidades para buscar cos diversos medios tecnolóxicos e de comunicación textos culturais de masas que empregan recursos literarios. |
A21 |
Capacidade para identificar e analizar as características máis relevantes da cultura e das institucións do ámbito anglófono a través de diversos tipos de textos pertencentes a diferentes épocas históricas. |
A22 |
Capacidade para comprender diferentes achegas teóricas e críticas así como a súa aplicación á análise de textos literarios e culturais no ámbito anglófono. |
A24 |
Capacidade para afondar nas tendencias actuais nos estudos teóricos e críticos literarios e culturais, aplicados a autores, xéneros e períodos literarios en lingua inglesa. |
A25 |
Coñecemento de perspectivas transculturais en lingua inglesa. |
B4 |
Capacidade para elaborar adecuadamente e con certa orixinalidade composicións escritas ou argumentos motivados, redactar plans, artigos científicos e formular hipóteses razoables. |
B5 |
Capacidade para presentar en público experiencias, ideas ou informes, así como emitir xuízos en función de criterios, de normas externas ou de reflexións persoais para o que será necesario alcanzar un dominio suficiente da linguaxe académica e científica tanto na súa vertente escrita como oral. |
B7 |
Habilidade para traballar e continuar a aprendizaxe de forma autónoma e autodirixida. |
B8 |
Habilidades para investigar e manexar novos coñecementos e información no contexto dos Estudos Ingleses. |
B9 |
Capacidade para adquirir un espírito crítico que leve aos estudantes a considerar a pertinencia das investigacións existentes nas áreas de estudo que conforman os Estudos Ingleses, así como das súas propias. |
B18 |
Capacidade para obter información sobre a investigación máis recente que se está levando a cabo dentro do ámbito dos Estudos Ingleses, tanto en lingüística como en literatura e cultura. |