Outras |
Presentación oral individual sobre un texto de lectura obrigatoria, previamente acordado coa profesora. Avaliaranse tanto as competencias referidas ao coñecemento do texto analizado coma as relacionadas coa construción de argumentos e a súa expresión oral correcta. Deberá utilizarse como apoio software de diapositivas para presentacións, e avaliarase a correcta expresión escrita nestes textos. |
20 |
Outras |
Traballo virtual realizado polo alumnado. Inclúe actividades como a busca de recursos teórico-críticos para a elaboración dos traballos avaliábeis, a titorización do proceso de elaboración dos traballos e a participación no foro de debate sobre os textos ou temas xerais do curso na plataforma virtual. |
20 |
PRIMEIRA EDICIÓN DE ACTAS Na primeira edición de actas a avaliación é continua e realizarase consonte o especificado máis arriba. É obrigatoria a asistencia a todas as sesións presenciais. No caso de faltar a algunha sesión presencial, a/o estudante deberá entregar un traballo escrito (máximo 1.500 palabras) sobre os contidos da sesión. É
obrigatorio realizar e, no seu caso, entregar no prazo estabelecido todos os
traballos avaliábeis. Os traballos non entregados ou entregados fóra de prazo
contarán coma un cero. Do mesmo xeito, os traballos que non cumpran os
requisitos mínimos de corrección lingüística e conteñan erros gramaticais
graves contarán coma un cero. SEGUNDA EDICIÓN DE ACTAS Na segunda edición de actas, a/o estudante que non superase a materia na primeira edición deberá realizar as probas concretas non aprobadas, entregando o traballo e/ou a
versión escrita da presentación oral. Se a proba non superada fose a participación nas clases de comentario dos textos e/ou o traballo virtual, a/o estudante deberá entregar un traballo escrito de análise comparativa entre polo menos dous textos literarios e/ou fílmicos do programa (máximo 3.000 palabras). A data de entrega destas probas será o 1 de xullo de 2014. |