As metodoloxías descritas no cadro anterior e as porcentaxes
asignadas a cada unha delas aplícanse ao sistema de avaliación continua,
que se corresponde coa avaliación realizada no mes de xaneiro. O sistema
de avaliación continua non esixe asistencia ás clases, o que
permite que todos os estudantes matriculados teñan as mesmas condicións
de avaliación na primeira oportunidade de avaliación. ESIXENCIAS DA PRIMEIRA OPORTUNIDADE DE AVALIACIÓN (XANEIRO): -
Entregar dentro do prazo establecido o 80% das tarefas encomendadas ao
longo do curso, incluídas aquelas que non teñen peso na cualificación
final. Dentro dese 80% inclúense obrigatoriamente as seguintes: a) Traballo tutelado. b) Proxecto de tradución inversa. c) Proba teórica de resposta curta sobre os contidos mínimos esixidos*. d) Proba práctica de tradución directa. Para o desenvolvemento das probas teórica e práctica non se permite o uso de apuntamentos nin de medios telemáticos. A
PROBA TEÓRICA REALIZARASE APROXIMADAMENTE NA SEMANA 8 DO CUADRIMESTRE
(4 DE NOVEMBRO DE 2013) EN HORARIO DE CLASE. A PROBA PRÁCTICA CELEBRARASE NA
ÚLTIMA SEMANA DO CURSO (11 DE DECEMBRO DE 2013) EN HORARIO DE
CLASE. SE SE PRODUCE ALGÚN CAMBIO, AS DATAS E HORAS PRECISAS NOTIFICARANSELLES CON SUFICIENTE
ANTELACIÓN A TODOS OS ESTUDANTES MATRICULADOS A TRAVÉS DA PLATAFORMA
FAITIC E POR CORREO ELECTRÓNICO. SEGUNDA CONVOCATORIA (XULLO) PARA
SUPERAR A MATERIA NA SEGUNDA CONVOCATORIA, OS ESTUDANTES DEBERÁN
APROBAR UN EXAME, QUE SE CELEBRARÁ NA DATA OFICIAL PREVISTA POLO
DECANATO DO CENTRO E QUE CONSTARÁ DAS SEGUINTES PROBAS (indícase o peso
de cada proba dentro do exame entre parénteses): 1. Proba teórica sobre os contidos mínimos esixidos*. (40%) 2.
Proba sobre o libro de lectura obrigatoria: o estudante deberá
reflexionar brevemente sobre os aspectos do libro que se lle indiquen e
relacionalos cos contidos do curso. A proba desenvolverase en calquera
dos idiomas da combinación lingüística da materia (10%). 3. Proba práctica de tradución dun texto breve (de arredor de 300 palabras) do inglés cara ao español (50%). Para desenvolver o exame de segunda convocatoria non se permite o uso de apuntamentos nin medios telemáticos. EXCEPCIONALMENTE,
PODERÁ ACORDARSE COS ESTUDANTES QUE NON SUPERASEN UNHA PARTE CONCRETA
DA MATERIA O MECANISMO OPORTUNO PARA RECUPERAR ESA PARTE NA SEGUNDA
CONVOCATORIA. PARA SUPERAR A
MATERIA SERÁ NECESARIO OBTER, COMO MÍNIMO, A CUALIFICACIÓN DE APROBADO
TANTO NA PARTE TEÓRICA COMO NA PARTE PRÁCTICA, SEXA CAL FOR A
CONVOCATORIA E O SISTEMA DE AVALIACIÓN ELIXIDO. En
calquera das probas, traballos ou exercicios, independentemente da
convocatoria e do sistema de avaliación elixido, obterán a cualificación
de suspenso aqueles alumnos que: - Cometan máis de dúas faltas de ortografía. - Cometan un contrasentido (aplicable ás traducións). - Incurran en plaxio total ou parcialmente. *CONTIDOS TEÓRICOS MÍNIMOS ESIXIDOS: 1. Diferenzas entre coñecemento xeral e especializado. 2. Características dos textos especializados. 3. A comunicación científica: obxectivos, fins e axentes. 4. Diferenzas entre textos científicos e textos técnicos. 5. O método científico. 6. Metas da linguaxe científica. 7. Xéneros textuais propios dos ámbitos científicos e técnicos. 8. Elementos e características do estilo científico-técnico. 9. Notación científica e unidades de medida. |