Resolución de problemas e/ou exercicios |
Lecturas obrigatorias de cada unidade establecidas pola profesora e lectura da novela (10%), actividades en grupo de tradución, análise contrastiva de textos, etc (10%). O alumnado terá que entregar todas as tarefas en inglés |
20 |
Probas de resposta longa, de desenvolvemento |
Exame final da materia que terá unha parte teórica sobre os contidos da materia (redactada en inglés) e outra práctica. A parte práctica será unha tradución ó inglés na que o alumno xustifique en inglés as súas propostas (con dicionarios e glosarios pero sen ordenador). A parte práctica valerá 7 puntos e a teórica 3. O alumno terá que aprobar cada unha das partes para superar a proba.
Data: 14 de maio ás 9.00h (os dous grupos) |
30 |
A materia é presencial (80% asistencia obrigatoria, salvo casos excepcionais). Se o alumno, por motivos xustificados, non pode seguir este sistema de avaliación debería renunciar por escrito a dita avaliación o primeiro mes de clase. Nese caso a cualificación será unicamente a cualificación do exame final de maio, o que tamén se aplicará aos alumnos que se presenten ao exame de xullo.
A proba de convocatoria única será o 14 de maio ás 9.00h. A parte teórica versará sobre os contidos da materia e as lecturas obrigatorias establecidas en cada unidade (e a novela obrigatoria). O alumno terá que redactar esta parte en inglés. A parte práctica do exame final será unha tradución ao inglés dun texto que siga a tipoloxía dos contidos da materia, e un comentario crítico tradutolóxico das súas propostas de tradución (redactado en inglés). O alumnado poderá utilizar material de consulta (dicionarios ou glosarios) agás fontes telemáticas. O alumnado terá que superar as dúas partes da proba. A teoría suporá o 30% do exame e a práctica o 70%.
Aos alumnos que sigan a avaliación contínua se lles guardarán as partes superadas para a convocatoria de xullo.
As datas de entrega das encomendas e a proba serán as mesmas para os dous grupos.
Se se detecta que os traballos ou tarefas son plaxios a cualificación será 0. |