Na 1ª edición de actas o alumnado será avaliado mediante o sistema de
avaliación continua indicado arriba. O alumnado que, por motivos
xustificados, non poida realizar a avaliación continua deberá falar coa
profesora ao comezo do curso. Nese caso, e só nese caso, poderán examinarse do
100% da materia na 1ª edición de actas (50% teoría, 50% práctica). O exame terá
lugar ao final do cuadrimestre. Para aprobar a materia será necesario ter entregado os traballos na data
requirida. As probas non entregadas contarán como un cero. En caso de plaxio, a
nota é de suspenso. Recoméndase o traballo continuado e a consulta frecuente dos medios de
comunicación franceses.
Na segunda edición de actas (xullo) haberá un exame polo
100% da cualificación (50% teoría, 50% práctica) para o alumnado que non
superara a materia na primeira edición. |