Sesión maxistral |
Actividade teórica. Consiste na exposición dos contidos da materia co obxectivo de comunicar coñecementos e fontes de información. As explicacións estarán ordenadas e ben estruturadas e contarán con exemplos ilustrativos que aseguren a adecuada comprensión. |
Traballos tutelados |
Actividade práctica. Os traballos tutelados estarán dirixidos a través das titorías concertadas cos discentes. Nestes traballos trátase de poñer a proba a competencia en lingua escrita do alumnado e a súa capacidade para xestionar grandes traballos e proxectos (por exemplo, analizar os recursos lingüísticos dun corpus extraído da prensa, etc.). Nas clases presenciais se ofrecerá a metodoloxía de análise así como as recomendacións formais para a presentación de traballos académicos. |