Probas de resposta longa, de desenvolvemento |
Unha ou varias preguntas que demostren a asimilación específica de contidos, a capacidade de síntese e a comprensión global dos movementos estéticos que se abordan na materia. |
60 |
Superar favorablemente todos os controis de lectura dos títulos obrigatorios será requisito imprescindible para ter dereito á avaliación continua. Quere isto dicir que o alumnado que non acuda a clase os días marcados para esta actividade presencial deberá presentarse a unha proba global sobre a materia na data fixada pola profesora que a imparte. A data do exame de maio (60% da calificación para os que opten pola avaliación continua e 100% para os que non) será o mércores 7 de maio. A data do exame de xullo será a que fixe a Facultade. En calquera caso, para superar a materia é imprescindible demostrar corrección lingüística e ortográfica. Non aprobará quen escriba con faltas de ortografía e/ou acentuación. Tampouco aprobará quen incurra en plaxio. |