Traballos tutelados |
O profesor proporá ó alumnado a realización dun traballo de investigación guiado, como pode ser a gravación, transcrición e comentario fónético dun texto oral. Valorarase a súa correcta resolución tanto nos contidos coma na presentación do que debe ser un texto académico. |
15 |
Probas de resposta curta |
Realizarase unha proba escrita de resposta curta na última semana de clase (de 5 a 9 de maio de 2014) sobre os contidos teórico-prácticos da materia. Esta proba pode coincidir no mesmo día que as probas de resposta longa. |
25 |
Outras |
Realizarase unha proba oral ó final do cuadrimestre na que o estudante deberá demostrar que domina o estándar fónico galego, sobre todo os trazos fónicos individulizadores. Será necesario superar esta proba para aprobar a materia. |
10 |
Existen dous sistemas de avaliación da materia:
a) Avaliación continua, para o alumnado que asista regularmente ás clases presenciais, e realice e entregue as tarefas de avaliación indicadas polo profesor en tempo e forma. A puntuación final obterase da suma das porcentaxes das puntuacións expresadas arriba. De non superar algunha das actividades que se avalían, o profesor poderá mandar repetilas para corrixilas. En todo caso, o/a alumno/a polo menos deberá ter aprobado os apartados de "Probas escritas de resposta curta" e "Probas de resposta resposta longa"; estes exames escritos realizaranse na última semana de clase (do 5 ó 9 de maio de 2014) (convocatoria de maio). De non superar a materia en maio, o alumnado deberá realizar un exame escrito na convocatoria oficial de xullo. A final do curso tamén se realizará un exame oral individual, que o alumnado deberá superar para aprobar a materia. Se por causa xustificada algún alumno/a non pode cumprir a condición de asistencia regular ás clases e a entrega das tarefas deberá comunicarllo ó docente, quen poderá habilitar outras actividades compensatorias. No caso de que o/a alumno/a renuncie á avaliación continua ou incumpra as condicións esixidas para a avaliación continua pasará a ser avaliado polo sistema b) de "Avaliación única".
b) Avaliación única. O alumnado que non opte polo sistema de "avaliación continua", para superar a materia na convocatoria de maio deberá entregar obrigatoriamente o "Traballo tutelado" (20% da nota final) o día do exame escrito e examinarse sobre todos os contidos da materia nun exame final único que se celebrará na última semana de clase (do 5 ó 9 de maio de 2014). De non superar a materia en maio, o alumnado deberá realizar outro exame na convocatoria de xullo, na data que dispoña a Facultade. Este exame constará de dúas partes: unha escrita (70% da nota final) e outra oral (10% da nota final); o alumno/a deberá superar obrigatoriamente esta última para aprobar a materia e no seu caso revisar o "Traballo tutelado". Os/as alumnos/as que opten por este sistema poderán asistir ás aulas e ser atendidos nas titorías cando o solicitaren. |