O alumno ou a alumna ou a alumna ou o alumno poderán entregar catro resolucións de exercicios e catro estudos de casos (un de cada un dos temas). Valoraranse como o 10% da nota só se se entregaron 5 dos 8 exercicios propostos. Farase un exame (tipo proba práctica) cada dous temas (1 e 2, 3 e 4). Aqueles alumnos que superen algún destes exames liberarán esta parte da materia e non terán que examinarse dela, nin en xaneiro, nin en xullo. Aqueles que non alcancen o nivel esixido nun dos dous exames, terán que examinarse só da parte da materia que non superen. Para aqueles que non realicen ningún dos exames anteriores haberá un
exame en xaneiro (nas datas oficiais) no que deberán realizar toda a
proba. En xaneiro, para poder acceder ao 10% da nota, deberase entregar,
polo menos, 5 dos exercicios e estudos de casos propostos ao longo do
curso. Se ben non se fai referencia á asistencia as aulas, esta é moi recomendable para poder superar a materia sen problemas. En xullo o exame constitúe o 100% da nota. Deberán facer
todo o exame aqueles que non se presentaron a ningún exame. Os que se
presentaron pero non superaron ningunha parte, tamén deben facer todo o
exame. Aqueles que non superaron só algún dos exames aos que se
presentaron durante o curso só terán que examinarse da parte ou partes
non superadas. |