Guia docente 2013_14
E. U. de Enfermería (Pontevedra)
Grao en Enfermaría
 Materias
  Saúde, dependencia e vulnerabilidade social
   Competencias de titulación
Código Descrición
A10 Identificar as respostas psicosociais das persoas ante as diferentes situacións de saúde (en particular, a enfermidade e o sufrimento), seleccionando as accións adecuadas para proporcionar axuda nas mesmas.
A11 Establecer unha relación empática e respectuosa co paciente e familia, acorde coa situación da persoa, problema de saúde e etapa de desenvolvemento.
A12 Utilizar estratexias e habilidades que permitan unha comunicación efectiva con pacientes, familias e grupos sociais, así como a expresión das súas preocupacións e intereses.
A22 Promover a participación das persoas, familia e grupos no seu proceso de saúde-enfermidade.
A23 Identificar os factores relacionados coa saúde e os problemas do entorno, para atender as persoas en situacións de saúde e enfermidade como integrantes dunha comunidade.
A24 Identificar e analizar a influencia de factores internos e externos no nivel de saúde de individuos e grupos.
A41 Comprender os cambios asociados ao proceso de envellecemento e a súa repercusión na saúde.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000