Guia docente 2013_14
E. U. de Enfermería (Pontevedra)
Grao en Enfermaría
 Materias
  Prácticas clínicas I
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Titoría en grupo As titorías do 20 de xaneiro e 14 de Marzo de 2014 ás 9,30 h, son obrigatorios: por cada ausencia descóntase 0,3 puntos. Esta actividade pode realizarse de forma presencial (titorías en grupo e individuais), ou non presencial, a traves do correo eléctronico. 6
Cartafol/dossier Portafolio: proba escrita obrigatoria de autoavaliación na que o estudante rexistra, seguindo as normas do seu portafolio, as caracteristicas do traballo levado a cabo, relación co usuario, integración no grupo, anotando as tarefas e procedementos realizados, valora os seus logros na planificación de coidados, en función dos obxectivos propostos e determina os factores que poden influír na súa actuación. Documento elaborado sobre a base das intervencións NIC 10
Informes/memorias de prácticas Elaboración, por parte do alumno, dun documento no que se reflicten os resultados obtidos, observacións, análises e reflexións sobre a súa experiencia práctica na unidade asistencial, tendo como base a estrutura e contidos do seu portafolio. 14
Observación sistemática Avaliación continuada, observación directa, que se desenvolve mediante un seguimento personalizado do estudante a través do supervisor/a e dos/as enfermeiros/as asistenciais, colaboradoras de prácticas clinicas, onde realiza as súas actividades formativas, e dos profesores da materia.
Para a emisión do informe, utilízase a ficha para a observación sistemática remitida pola escola, onde se recolle a valoración das competencias/obxectivos máis especificas, que o alumno debe necesariamente adquirir: coñecementos, habilidades, e actitudes, a través do grao na consecución dos resultados de aprendizaxe do estudante. Para iso, aos avaliadores, no centro, remíteselles un informe de apoio, coa información necesaria para aplicar os criterios de avaliación de xeito obxectivo, en función das intervencións NIC e do modelo das 14 necesidadedes básicas de V. Henderson, de maneira que poidan aplicar un ou outro modelo indistintamente. Ten que ser superada co 50% do seu valor.
50
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. O estudante, nas datas establecidas, realizará unha proba práctica obrigatoria como requisito indispensable para a superación da materia. De non aprobar esta proba co 50% do seu valor, non se poderán sumar as outras probas avaliables. Proba que se realizará no laboratorio de simulación, para avaliar as competencias, resultados de aprendizaxe que, o estudante necesariamente debe adquirir: utilizarase tamén, para el, a ficha de recollida de información sistematica e as intervencións NIC do seu portafolio. 20
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

As prácticas clínicas serán de obrigado cumplimiento na súa totalidade. O período de recuperación das prácticas clínicas establecido só se pode utilizar se o estudante realizou previamente o 80% do total das prácticas clínicas no horario correspondente.

Na segunda oportunidade ten que realizalas nas unidades e períodos que determine a coordinadora de prácticas clínicas, para tales efectos.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000