Código |
Descrición |
A2 |
Coñecer o uso e a indicación de produtos sanitarios vinculados aos coidados de enfermaría. |
A9 |
Coñecer os procesos fisiopatolóxicos e as súas manifestacións e os factores de risco que determinan os estados de saúde e enfermidade nas diferentes etapas do ciclo vital. |
A13 |
Recoñecer as situacións de risco vital e saber executar manobras de soporte vital básico e avanzado. |
A17 |
Aplicar o proceso de enfermaría para proporcionar e garantir o benestar a calidade e seguridade das persoas atendidas. |
A18 |
Coñecer e aplicar os principios que sustentan os coidados integrais de enfermaría. |
A31 |
Realizar as técnicas e procedementos de coidados de enfermaría, establecendo unha relación terapéutica cos enfermos e familiares. |
A33 |
Ter unha actitude cooperativa cos diferentes membros do equipo. |