Código |
Descrición |
A8 |
Aplicar as tecnoloxías e sistemas de información e comunicación dos coidados de saúde. |
A15 |
Identificar, integrar e relacionar o concepto de saúde e os coidados, desde unha perspectiva histórica, para comprender a evolución do coidado de enfermaría. |
A16 |
Comprender desde unha perspectiva ontolóxica e epistemolóxica, a evolución dos conceptos centrais que configuran a disciplina de enfermaría, así como os modelos teóricos máis relevantes, aplicando a metodoloxía científica no proceso de coidar e desenvolvendo os plans de coidados correspondentes. |
A17 |
Aplicar o proceso de enfermaría para proporcionar e garantir o benestar a calidade e seguridade das persoas atendidas. |
A18 |
Coñecer e aplicar os principios que sustentan os coidados integrais de enfermaría. |
A19 |
Dirixir, avaliar e prestar os coidados integrais de enfermaría, ao individuo, a familia e a comunidade. |
A33 |
Ter unha actitude cooperativa cos diferentes membros do equipo. |
A49 |
Prestar coidados, garantindo o dereito á dignidade, privacidade, intimidade, confidencialidade e capacidade de decisión do paciente e familia. |