CRITERIOS PARA SUPERAR A MATERIA: Para superar a materia o alumno debe realizar as prácticas clínicas, seminarios, sesións clínicas e o caderno.
Realizarase control de asistencia mediante firma nas prácticas clínicas.
Nos seminarios e sesións clínicas pasarase lista.
O alumno que suspenda dúas ou máis probas prácticas terá opción de recuperalas na segunda convocatoria do mesmo ano académico conservando as notas das outras partes da materia.
DEBERÁ CURSAR DE NOVO A MATERIA:
- Se ten máis dun 15% de faltas nos rotatorios debidamente xustificadas.
- Se ten 3 faltas nos rotatorios sen xustificar.
- Se ten máis dun 15% de faltas nos seminarios e sesións clínicas.
- Se ten dúas ou máis observacións sistemáticas non superadas.
- Se ten o caderno de dous ou máis rotatorios sen entregar. |