Guia docente 2013_14
Facultad de CC. Sociales y de la Comunicación
Grao en Publicidade e Relacións Públicas
 Materias
  Cine e publicidade
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Sesión maxistral Nas sesións maxistrais elaboraranse e explicaranse os contidos metodolóxicos e teóricos acompañando estas explicacións coa proxección de material gráfico e audiovisual (longametraxes, curtametraxes, spots e outros exemplos publicitarios, videoclips, etc.) a modo de exemplos cos que identificar e comprender os conceptos e prácticas explicitadas previamente.
Proxectos Elaboración dun traballo de carácter teórico-práctico e/ou de investigación sobre algún contido específico da materia, a concretar entre profesor e alumno/a, que será materializado ao final do cuadrimestre nunha presentación oral de curta duración. O traballo será realizado —inicialmente— por parellas (*en función do número e heteroxeneidade do alumnado podería ser modificada esta opción e ser realizado en grupos de maior tamaño).
Presentacións/exposicións Presentación oral do proxecto (traballo teórico-práctico e/ou de investigación) realizado durante o curso.
Estudo de casos/análises de situacións Elaboración de análisis, comentarios ou estudos de casos plantexados ben polo profesor ou ben escollidos polo alumno no que se aborden características ou posibilidades das interaccións entre o cinema e a publicidade
Debates Prantexamento de debates ou foros de discusión a desenvolver nas sesións prácticas sobre determinados aspectos incluidos nos contidos da materia
Outros Como "Outros" valoraremos a asistencia e participación do alumno nas sesións presenciais de docencia, xa sexan estas maxistrais, seminarios ou sesións prácticas.
Titoría en grupo Titorías por parellas/grupais de seguimento do proxecto que serán realizadas durante algunhas das sesións de seminario e que tamén poderán ser empregadas fóra da aula
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000