Código |
Descrición |
A2 |
Coñecemento da evolución histórica da comunicación publicitaria e das relacións públicas, así como dos aspectos industriais, sociopolíticos e estéticos que inciden nos seus elementos, formas e procesos |
A4 |
Coñecemento da estrutura dos medios publicitarios: características, tipoloxías e problemáticas |
A6 |
Coñecemento teórico-práctico dos elementos, formas, linguaxes e procesos publicitarios no contexto internacional |
A9 |
Coñecemento das perspectivas e metodoloxías de investigación dos axentes e entornos implicados na comunicación así como das metodoloxías e técnicas de investigación dos suxeitos e elementos da comunicación publicitaria e das relacións públicas. |
A10 |
Coñecemento das estratexias, e o seu desenvolvemento creativo, aplicables nas institucións e empresas públicas e privadas, así como das metodoloxías necesarias para a súa análise, auditoría e avaliación |
A11 |
Estudo do departamento de comunicación nas empresas e institucións e das habilidades e técnicas necesarias para a súa dirección de comunicación e, en especial, da xestión do coñecemento e dos intanxibles da empresa. Coñecemento teórico e práctico das técnicas de xestión en empresas de comunicación |
A13 |
Destrezas sobre o entorno: Capacidade de describir e diagnosticar as cuestións fundamentais da comunicación na sociedade contemporánea |
A14 |
Coñecemento das estratexias e procesos encamiñados á creación e realización de mensaxes publicitarias nos distintos soportes e medios de comunicación |
A16 |
Destrezas expresivas: capacidade e habilidade para dar forma creativa á mensaxe. Realización de pezas publicitarias básicas e supervisión da súa produción definitiva |
B1 |
Competencia interpretativa do entorno: capacidade para interpretar, analizar e interpretar o entorno económico, político, socio-cultural, tecnolóxico e comunicativo |
B3 |
Capacidade de analizar os elementos da comunicación e xerar os coñecementos nesta disciplina |
B4 |
Capacidade de análise, de síntese e de xuízo crítico |
B5 |
Capacidade de fixar obxectivos relacionando causas e efectos |
B6 |
Capacidade para administrar o tempo, con habilidade para a organización de tarefas |
B7 |
Capacidade para actuar en liberdade con responsabilidade, asumindo referentes éticos |
B8 |
Competencias creativas: capacidade para a creatividade, a innovación e a adaptación ao cambio |