O obxectivo básico da materia é o de proporcionar ós futuros xestores e administradores as ferramentas e os coñecementos apropiados para saber resolver, na práctica profesional, os problemas relacionados co uso das novas tecnoloxías e lograr ademais un eficaz aproveitamento das posibilidades que estas ofrecen. As competencias básicas adquiridas serán de gran utilidade ós alumnos, tanto para os seus estudos universitarios, como para o seu futuro exercicio profesional.