Guia docente 2013_14
Facultad de CC. Sociales y de la Comunicación
Grao en Dirección e Xestión Pública
 Materias
  Metodoloxías e técnicas de investigación social aplicadas ás administracións públicas
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Sesión maxistral A asistencia e traballo desenvolto nestas clases terase presente na avaliación desta materia. 7.5
Resolución de problemas e/ou exercicios A asistencia e traballo desenvolto nestas clases terase presente na avaliación desta materia. 7.5
Probas de resposta curta Probas para avaliación das competencias adquiridas, que inclúen preguntas relativas aos contidos impartidos nas sesións maxistrais, nas sesións de resolución de problemas e nos seminarios. 65
Traballos e proxectos Tarefas que o alumno debe desenvolver de forma autónoma, co asesoramento do profesor, no período de tempo no que se imparta a docencia presencial. Estas tarefas son un prerrequisito para superar a materia. 20
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Esta materia divídese en dúas partes, de modo que cada unha delas terá un peso do 50% na nota final: 

- A primeira parte comprende os temas 1-3 e impartirase na primeira metade do semestre.

- A segunda parte abrangue os temas 4-6 e impartirase na segunda metade do semestre.

As porcentaxes asignadas á cualificación de cada parte da materia son as seguintes:

- Para a primeira parte: Sesión maxistral-->10%, Resolución de problemas e/ou exercicios-->5%, Probas de resposta curta-->60%, Traballos e proxectos-->25%

- Para a segunda parte: Sesión maxistral-->5%, Resolución de problemas e/ou exercicios-->10%, Probas de resposta curta-->70%, Traballos e proxectos-->15%

- Para o conxunto da materia (facendo o promedio): Sesión maxistral-->7.5%, Resolución de problemas e/ou
exercicios-->7.5%, Probas de resposta curta-->65%, Traballos e
proxectos-->20%

Para aprobar esta materia na convocatoria de Maio-Xuño de 2014, terán que superarse de xeito independente cada unha das partes, segundo o baremo establecido para as cualificacións. Nese caso, se se superan ambas partes, a nota final será o promedio das mesmas.

Para a convocatoria de Xullo de 2014 e sucesivas, utilizaránse os mesmos criterios que para a convocatoria de Maio-Xuño de 2014.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000