|
Descrición |
Actividades introdutorias |
Actividades encamiñadas a tomar contacto e reunir información sobre o alumnado, diagnostico como punto de partida.
Presentación da materia e dos proxectos que se expoñen ao alumno. |
Sesión maxistral |
Exposición por parte do profesor dos contidos sobre a materia obxecto de estudo, bases teóricas e directrices do traballo a desenvolver polo alumno. |
Estudo de casos/análises de situacións |
Análise de contidos da materia, coa finalidade de interpretalos, esquematizarlos, contrastar datos, reflexionar, completar coñecementos e expor hipóteses . |
Seminarios |
Actividades enfocadas ao traballo sobre a creatividade, o proceso creativo,o proceso de aprendizaxe e que permite enfocar os contidos da materia. Como complemento das clases teóricas. |
Prácticas autónomas a través de TIC |
Actividades de aplicación de coñecementos a situacións concretas, e de adquisición de habilidades básicas e procedimentales relacionadas coa materia obxecto de estudo. Desenvólvense a través do TIC de maneira autónoma. |
Debates |
Charla aberta entre grupos de estudantes.
Centraranse os temas de contidos da materia, análise de casos, o resultado dos proxectos, análises dun tema exposto previamente nunha lección maxistral. |
Obradoiros |
Actividades enfocadas a adquisición de coñecementos e habilidades a través da manipulación de instrumentos sobre unha temática concreta . As actividades desenvólvense individualmente ou en grupo dunha forma autónoma. |
Traballos de aula |
Os estudantes desenvolven proxectos na aula baixa as directrices e supervisión do profesor.
Este traballo realizásese dunha forma autónoma.
|
Resolución de problemas e/ou exercicios de forma autónoma |
Actividades nas que se formulan cuestións relacionadas coa planificación docente. Os alumnos deben desenvolver as solucións adecuadas e concretas mediante os procedementos e técnicas educativas. |
Presentacións/exposicións |
Exposición por parte dos alumnos ante o docente e o grupo de compañeiros dun tema sobre a materia ou dos resultados dun proxecto ou dun traballo realizado.
Pódese levar a cabo de maneira individual ou en grupo. |
Proxectos |
Realización de actividades que estuden o proceso creativo, o proceso educativo e que permiten a cooperación de varios alumnos cos seus distintos coñecementos e puntos de vista, traballando en equipo. |