Código |
Descrición |
A7 |
Deseñar e desenvolver espazos de aprendizaxe, con especial atención á equidade, a igualdade de dereitos e oportunidades entre homes e mulleres, a formación cidadá e o respecto aos dereitos humanos que faciliten a vida en sociedade, a toma de decisións e a construción dun futuro sustentable. |
A10 |
Deseñar e realizar actividades formais e non formais que contribúan a facer do centro un lugar de participación e cultura na contorna no que está situado. |
A13 |
Coñecer a normativa e organización institucional do sistema educativo e modelos de mellora da calidade con aplicación aos centros de ensino. |
A14 |
Coñecer e analizar as características históricas da profesión docente, a súa situación actual, perspectivas e interrelación coa realidade social de cada época. |
A16 |
Traballar en equipo con outros profesionais da educación, enriquecendo a súa formación. |
A24 |
Coñecer a evolución histórica do sistema educativo no noso país. |
A29 |
Coñecer a evolución histórica da familia, os seus diferentes tipos e a incidencia do contexto familiar na educación. |
A39 |
Fomentar un clima que facilite a aprendizaxe e poña en valor as achegas dos estudantes. |
A47 |
Acreditar un bo dominio da expresión oral e escrita na práctica docente. |
A48 |
Dominar as destrezas e as habilidades sociais necesarias para fomentar un clima que facilite a aprendizaxe e a convivencia. |
B1 |
Utilizar bibliografía e ferramentas de procura de recursos bibliográficos xenerais e específicos, incluíndo o acceso por Internet. |
B2 |
Xestionar de forma óptima o tempo de traballo e organizar os recursos dispoñibles, establecendo prioridades, camiños alternativos e identificando erros lóxicos na toma de decisións. |
B3 |
Potenciar a capacidade para o traballo en contornas cooperativas e pluridisciplinarios |