Traballos tutelados |
O profesor-titor/a fará unha avaliación continua do traballo do alumno. Antes da data establecida para a presentación e defensa do TFG, o tribunal de avaliación terá o informe de valoración do titor/a sobre o traballo realizado por parte do estudante cunha valoración parcial do mesmo. |
30 |
É condición indispensable para a defensa do TFG ter feita a matrícula de todas as materias requiridas para finalizar o Plan de Estudios de Grao. E é condición indispensable para poder superar o TFG ter previamente aprobadas todas as materias do título. A matrícula no TFG outorgará o dereito de dúas convocatorias oficiais en cada curso académico, conforme ao establecido no calendario académico aprobado en Xunta de Facultade. No caso de obter a cualificaciónde suspenso ben sexa en primeira ou segunda convocatoria, o tribunal fará chegar un informe coas recomendacións oportunas ao estudante e ao titor/a para a mellora do traballo e a súa posterior avaliación. A revisión ou reclamación das cualificacións finais dos TFG levaranse a cabo conforme ao previsto na Normativa de Avaliación, ao igual que calquera outra materia do plan de estudios. Non obstante, as indicacións a saber no tocante a avaliación e calificación no TFG será acorde ao artigo 12 da normativa de TRABALLO FIN DE GRAO DA FACULTADE DE CIENCIAS DA EDUCACIÓN E DO DEPORTE. UNIVERSIDADE DE VIGO, CAMPUS DE PONTEVEDRA; en canto á revisión de calificaicóns, será acorde ao indicado no artigo 13 da devandita normativa. |