Resolución de problemas e/ou exercicios |
Exercicios relacionados co temario da materia. |
20 |
Modelo A: O alumnado que asista regularmente á clase (como mínimo o 80%), para poder presentarse ao exame, terá que superar antes os exercicios das clases B e o traballo das clases C. Para aprobar a materia hai que superar o traballo, os exercicios e o exame. Mentres non se aprobe o exame non se sumarán as notas de B e C. Modelo B: O alumnado que non asista regularmente á clase (menos do 80%), para poder presentarse ao exame terá que entregar dúas semanas antes da data oficial, e como requisito, os exercicios das clases B e un traballo equivalente ao das clases C. Estes traballos só contarán como requisito para poder presentarse ao exame. Na segunda convocatoria procederase ao mesmo sistema de avaliación. |