Guia docente 2013_14
Facultad de Ciencias de la Educación y del Deporte
Grao en Educación Infantil
 Materias
  Didáctica da expresión plástica e visual
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Traballos tutelados O proxecto como ferramenta metodolóxica; entregas parciais
Resolucións e obxectualizacións finais. Propostas rematadas. valoración obxectual e conceptual.
40
Resolución de problemas e/ou exercicios de forma autónoma Execución técnica adecuada de procedementos e experimentacións de caracter artístico, plástico e visual específico.
Resolución de tarefas puntuais de caracter conceptual ou procedimental
40
Sesión maxistral Valoración de plantexamentos curriculares en E. Infantil.
Interpretación, valoración e recoñecemento de obras artísticas.
Soporte conceptual da linguaxe e recursos específicos da expresión plástica e visual.
20
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A asistencia puntual e regular posibilita a realización dos
exercicios e a resolución de cuestións procedimentais. No caso das
sesións maxistrais o seu seguimento é imprescindible para o asentamento
conceptual dos exercicios e traballos tutelados que se exporán a partir
dos contidos envorcados nas mencionadas sesións maxistrais. A asistencia
ás clase garante tamén a autoría dos exercicios de caracter máis
procedimental que se realizarán no sua maior parte en horario
presencial.

Para superar a materia será necesario obter unha media
de 5 calculando as porcentaxes detalladas en cada un dos bloques de
avaliación. É imprescindible ter un 4 como nota mínima en cada un dos 
bloques para que se proceda a calcular a nota media.

Na SEGUNDA
CONVOCATORIA os alumnos deberá porse en contacto cos responsables da
materia. Entregaranse as propostas relativas á elaboración de unidades e
materiais didácticos que se expuxeron durante o curso,  así como os
exercicios procedimentais realizados tamén durante o curso presencial.
Cos soportes e calidades que no seu momento detalláronse.
No caso de
alumnos que asistan regularmente a clase e presenten as entregas
parciais puntualmente e en forma e aínda así non logren superar a
materia deberán, para esta segunda convocatoria, repertir só aquelas
entregas nas que non alcanzasen a nota mínima de 5. Conservaráselles o
resto das notas obtidas nos exercicios Se aprobados e acharase a media
correspondente en función dos criterios xa comentados.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000