Prácticas de laboratorio |
Prácticas no río Lérez (en caso de que as condicións climatolóxicas sexan moi adversas, algunha práctica poderá ser feita na Sala de Musculación do Pavillón Universitario). A metodoloxía a utilizar basearase, por un lado nas explicacións dos modelos técnicos por parte do profesor, e por outro lado na experimentación (métodos de búsqueda e resolución de problemas) polo propio alumno.
As sesións prácticas terán un compoñente añadido fundamental, de participación do alumno no traslado do material, almacenaxe e organización xeral da sesión. Por esta razón e de vital importancia a actitude e participación activa nas prácticas, o que terá o seu lóxico reflexo na avaliación.
As sesións de práctica serán de actividade obligatoria e formarán parte esencial da nota do alumno mediante a observación sistemática do seu rendemento. |
Titoría en grupo |
Consultas que o alumno mantén co profesorado da materia no pantalán do C.G.T.D. (Centro Galego de Tecnificación Deportiva) para o
asesoramento/desenvolvemento de actividades da materia e do proceso de aprendizaxe. |
Sesión maxistral |
Exposición por parte do profesor dos contidos sobre a materia obxecto de estudo, bases teóricas
e/ou directrices dun traballo, exercicio ou proxecto que vai realizar o estudante. |