Guia docente 2013_14
E. U. de Enfermería (Ourense)
Grao en Enfermaría
 Materias
  Enfermaría xeriátrica e coidados paliativos
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Seminarios Para obter a puntuación correspondente neste apartado, será obrigatoria a asistencia a estes seminarios, como mínimo ao 90% do total das horas, en caso contrario a avaliación pasará a ser a de: modalidade "non presencial".
A avaliación dos coñecementos segundo a materia impartida nestes seminarios realizarase mediante unha proba tipo test de 30 preguntas, de resposta múltiple, cunha única resposta correcta.
A fórmula que se utilizará para obter a puntacion neste apartado será: (A - E), sendo (A) = nº de acertos e (E) = nº de erros.
A puntuación para ser apto neste apartado será de 5 puntos sobre 10.
25
Probas de resposta curta Probas para avaliación das competencias adquiridas que inclúen preguntas directas sobre un aspecto concreto. Os alumnos deben responder de maneira directa e breve en base aos coñecementos que teñen sobre a materia.
Nota de corte: 6
É necesario aprobar cada unha das partes para facer media.
45
Probas de tipo test Probas para avaliación das competencias adquiridas que inclúen preguntas pechadas con diferentes alternativas de resposta (verdadeiro/falso, elección múltiple, emparellamento de elementos, ...). Os alumnos seleccionan unha resposta entre un número limitado de posibilidades.
Nota de corte: 6
É necesario aprobar cada unha das partes para facer media.
30
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Modalidade NON PRESENCIAL

A esta modalidade poderanse acoller aquelas/es alumnas/os, que con causa debidamente xustificada, non lles sexa posible asistir con regularidade (a máis do 90%) dos seminarios, polo que deberán ao comezo do inicio do cuadrimestre, comunicar por escrito á profesora responsable da materia, que non van asistir a ditos seminarios, indicando a causa que llo impide.

No caso de alumnas/os, que por diferentes motivos, sempre xustificados e aínda asistindo a algún seminario, non cheguen a alcanzar o 90% da asistencia aos mesmos, pasarán a esta modalidade de non presencial.

A avaliación da "modalidade non presencial" é a seguinte:

1º) A realización dunha proba tipo test, con 30 preguntas de resposta múltiple e cunha soa resposta correcta. A fórmula utilizada para obter a puntuación neste apartado será a de (A-E), onde (A) = nº de acertos, e (E) = nº de erros. Dita proba farase o día marcado segundo o calendario académico.

A puntuación para ser apto neste apartado, será de 5 ou máis puntos sobre 10, a cal supón o 15% da cualificación total da materia.

2º) Realizar unha proba prática na aula taller, segundo as actividades e procedementos práticos impartidos durante os seminarios en relación aos contidos da materia. Dita proba, farase o día marcado para o exame da materia, segundo o calendario académico e a unha hora previamente acordada.

A puntuación para ser apto neste apartado, será de 5 ou máis puntos sobre 10, a cal supón o 10% da cualificación total da materia.

2ª convocatoria.

A/o alumna/o examinarase da/s parte/s da materia que non teña superado previamente.


Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000