Guia docente 2013_14
E. S. de Ingeniería Informática
Máster Universitario en Enxeñaría Informática
 Materias
  Administración Avanzada de Sistemas
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Sesión maxistral Empregaranse distintas actividades no aula, dirixidas ao grupo completo ou a pequenos grupos. Principalmente, realizaranse clases expositivas para o desenvolvemento dos contidos fundamentais da materia e, para conseguir a participación activa dos estudantes, levaranse a cabo actividades breves individuais ou en grupo que permitan aplicar os conceptos expostos e resolver problemas.Nas actividades propostas se potenciará a adquisición de coñecementos e a súa aplicación no ámbito profesional e investigador da Informática.Así mesmo, poderanse organizar nestas sesións actividades de avaliación.
Prácticas de laboratorio Realizaranse actividades prácticas, sesións de laboratorio guiadas, seminarios de resolución de problemas, etc. en grupos, baixo a dirección dun profesor. Poderanse incluír actividades previas e posteriores ás sesións de laboratorio e seminario que axuden a conseguir os obxectivos propostos. Fomentaranse especialmente as actividades encamiñadas ao desenvolvemento de proxectos, supostos prácticos, informes, etc. Así mesmo, poderanse organizar nestas sesións actividades de avaliación.
Titoría en grupo Reunións de titorización e seguimento, que se poderán realizar de forma presencial ou online.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000