Guia docente 2013_14
E. S. de Ingeniería Informática
Máster Universitario en Enxeñaría Informática
 Materias
  Xestión Operativa das Tecnoloxías da Información
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Prácticas en aulas de informática A avaliación dos coñecementos asociados á Sesión Maxistral e ás Prácticas de en aulas de Informática avalíanse conxuntamente.
A avaliación ao alumno realizarase mediante exames. As probas que conformen o exame poderán ser tipo test, cuestións, desenvolvemento e/ou exercicios en función da parte do temario que se estea avaliando.
Permitirá avaliar a competencia específica A27, e as competencias transversais desde a B1 á B13 ambas inclusive.
30
Sesión maxistral A avaliación dos coñecementos asociados á Sesión Maxistral e ás Prácticas de en aulas de Informática avalíanse conxuntamente.
A avaliación ao alumno realizarase mediante exames. As probas que conformen o exame poderán ser tipo test, cuestións, desenvolvemento e/ou exercicios en función da parte do temario que se estea avaliando.
Permitirá avaliar a competencia específica A27, e as competencias transversais desde a B1 á B13 ambas inclusive.
20
Traballos e proxectos Todos os alumnos deberán realizar un traballo ou proxecto final da materia. O proxecto realizarase de forma individual.
O traballo final consistirá na creación dun proxecto orixinal e será desenvolvida coas ferramentas utilizadas no desenvolvemento das sesións prácticas.
A idea do traballo final será proposta ao profesor para a súa aceptación. Este requisito é necesario para que o traballo sexa válido. A idea do traballo poderá ser modificada, a petición do alumno, sempre que haxa un tempo razoable entre a petición de modificación e a data final de entrega do traballo.
Permitirá avaliar a competencia específica A27, e as competencias transversais desde a B1 á B13 ambas inclusive.
50
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

En base á información proporcionada pola coordinación do MEI os exames oficiais da materia de Xestión Operativa das Tecnoloxías da Información desenvolveranse nas seguintes datas e horarios:

- Convocatoria Fin de Grao: Primeiro ano que se imparte

- Convocatoria ordinaria 1 cuadrimestre: O exame desenvolvésese no horario previsto para a última clase presencial da materia.

- Convocatoria de Xullo: Venres 26 de Xuño de 2014 a partir das 17:00h

Todos os alumnos están obrigados a realizar e/ou presentar as probas necesarias para calcular a cualificación que corresponda ás notas NF_Teoría e NF_Proxecto que se describen a continuación. Os alumnos que non realizasen as probas asociadas con NF_Teoría terán a cualificación de Non Presentado. Os alumnos que non presentasen os traballos asociados a NF_Proxecto serán cualificados coa nota calculada segundo detállase a continuación, se esta nota é inferior a 4. No caso de que a nota calculada sexa superior a 4 a cualificación de Nota_Final será 4.

O desenvolvemento da materia ao longo do curso presenta os fundamentos teóricos e prácticos necesarios para a xestión operativa do TIC. Con esta finalidade faise un percorrido polos aspectos crave da xestión operativa destacando aspectos relacionados como a contratación de servizos externos, auditoria informática, software libre e telecomunicacións. O alumno deberá coñecer e utilizar as ferramentas necesarias para realizar unha boa xestión operativa. Os coñecementos adquiridos serán presentados e defendidos mediante a realización dun proxecto de xestión operativa do TIC nunha proposta de empresa.

Os fundamentos teóricos presentaranse ao longo das sesións teóricas previstas nos horarios do centro. A avaliación realizarase ao final do cuadrimestre mediante un exame de marcado carácter práctico.

Os contidos prácticos están totalmente relacionados cos fundamentos teóricos presentados nas sesións maxistrais, por esta razón, presentaranse de forma sincronizada. Os contidos organízanse en "prácticas" de duración variable e o seu desenvolvemento poderán requirir unha ou varias sesións. As prácticas serán desenvolvidas de forma individual polo alumno e deberán ser entregadas ao profesor para a súa corrección ao longo do curso, unha vez finalizadas e nos prazos previstos na planificación da materia. En ningún caso, a entrega efectiva dunha práctica superará en máis dunha semana á data prevista para a súa finalización.

AVALIACIÓN

A resolución totalmente satisfactoria de todas as prácticas previstas, NF_Prácticas representarán unha nota máxima de 3 puntos sobre os 10 puntos totais que pode obter como nota final un alumno. A entrega das prácticas é necesaria para poder optar a esta puntuación aínda que non é un requisito obrigatorio para aprobar a materia.

Os alumnos deberán facer un exame ao final do cuadrimestre, o cal, cubrirá  aspectos relacionados cos fundamentos teóricos e prácticos da materia. O exame poderá conter preguntas tipo test, cuestións e exercicios. O cálculo da nota final asociada a este exame, NF_Teoría, será valorada entre 0 e 10 representando un 20% da Nota_Final. En caso de aprobar será liberatorio durante o ano académico que foi superada a parte. NF_Teoría non poderá ser inferior a 4 para superar a materia. 

Opcionalmente e con carácter  sustitutivo, a nota NF_Teoría poderá ser obtida por parte dos alumnos mediante unha intensificación do traballo ou proxecto final. Esta opción só será posible mediante consentimento expreso por parte do alumno e o profesor por escrito.

A avaliación do traballo ou proxecto final, NF_Proxecto, realizarase sobre 10 e terá en conta aspectos técnicos, estéticos, gramaticais, e todos aqueles relacionados coa obtención de código de calidade técnica. Os traballos serán realizados de forma individual. NF_Proxecto non poderá ser inferior a 4 para superar a materia.

Neste sentido o cálculo final da nota realizarase seguindo a seguinte forma:

Nota_Final = NF_Teoría*20% + NF_Proxecto*50% + NF_Prácticas*30%   

Onde  NF_Teoría e NF_Proxecto >= 4;

A nota correspondente a NF_Prácticas só poderá ser obtida durante o proceso de avaliación continua e no caso de que o alumno teña valoración 0 neste apartado esa será a nota que constará durante o ano académico en curso para ese apartado.

Os alumnos que se presenten en segunda convocatoria só o terán que facer as partes non superadas sen detrimento de o indicado no parágrafo anterior.

Os alumnos que queiran superar a materia de forma NON PRESENCIAL poderán aprobar a materia superando as probas expostas segun a descrición anterior para obter a NF_Teoría e a NF_Proxecto. A nota relativa a NF_Prácticas poderase obter seguindo os pasos descritos nos parágrafos anteriores do mesmo xeito que farán os alumnos PRESENCIAIS. Para todos os alumnos habilitarase unha conta de usuario na plataforma de e-learnig da materia mediante a cal se presentarán de forma telemática a prácticas proposta.

Todos os alumnos deberán porse en contacto co profesor responsable da materia para obter o seu usuario de acceso á plataforma. No caso dos alumnos que opten pola modalidade NON PRESENCIAL a conta de usuario e o proxecto final deberanse asignar nas 6 primeiras semanas desde o comezo do curso. Esta asignación realizarase por parte do profesor responsable e a petición expresa do alumno mediante escrito asinado por ambas as partes.  

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000