Guia docente 2013_14
E. S. de Ingeniería Informática
Máster Universitario en Enxeñaría Informática
 Materias
  Dirección das Tecnoloxías da Información
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Seminarios Realizaranse actividades prácticas, sesións de laboratorio guiadas, seminarios de resolución de problemas, etc, en grupos, baixo a dirección dun profesor. Poderanse incluír actividades previas e posteriores ás sesións de laboratorio e seminario que axuden a conseguir os obxectivos propostos. Fomentaranse especialmente as actividades encamiñadas ao desenvolvemento de proxectos, supostos prácticos, informes, etc. Así mesmo, poderanse organizar nestas sesións actividades de avaliación.
Estudos/actividades previos Actividades de recensión bibliográfica, resumos, esquemas e lecturas, normalmente co obxectivo de adquirir unha visión introductoria a conceptos que se desenvolverán en clase.
Sesión maxistral Empregaranse distintas actividades na aula, dirixidas ao grupo completo ou a pequenos grupos. Principalmente, realizaranse clases expositivas para o desenvolvemento dos contidos fundamentais da materia e, para conseguir a participación activa dos estudantes, levarán a cabo actividades breves individuais ou en grupo que permitan aplicar os conceptos expostos e resolver problemas. Nas actividades propostas potenciarase
a adquisición de coñecementos e a súa aplicación no ámbito profesional e investigador da Informática.
Así mesmo, poderanse organizar nestas sesións actividades de avaliación.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000