Guia docente 2013_14
E. S. de Ingeniería Informática
Máster Universitario en Sistemas Software Intelixentes e Adaptables
 Materias
  Recuperación de Información Baseada en Contido
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Resolución de problemas e/ou exercicios Realización dos exercicios expostos durante as clases de tipo práctico.
Competencias avaliadas: Todas as da materia
20
Traballos tutelados Exposición de diferentes traballos ao longo do curso que demostrarán a adquisición das competencias e coñecementos básicos, tanto de carácter teórico como práctico, correspondentes á materia.
Competencias avaliadas: Todas as da materia
25
Seminarios Inclúe a preparación en pequenos grupos dun tema academicamente dirixido, teórico ou práctico, sobre o contido do curso. O traballo será avaliado por compañeiros e compañeiras, ademais de por o profesorado da materia, atendendo á calidade xeral do seminario e ás habilidades e actitudes mostradas polos compoñentes do grupo.
Competencias avaliadas: Todas as da materia
50
Outros Actividades de recuperación para aquel alumnado que non superase a materia na primeira oportunidade 0
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Avaliación para asistentes, primeira opción:

Asistencia regular ás clases, cualificación: 5%

Avaliación para non asistentes, segunda opción e sucesivas:

O procedemento de avaliación para non asistentes, así como para a segunda convocatoria e sucesivas será o seguinte:


  1. Avaliación teórica (ponderación: 20%): Presentación dun artigo ou informe técnico sobre os contidos da materia
  2. Avaliación práctica (ponderación: 30%): Presentación dunha aplicación que resolva un problema práctico exposto
  3. Realización de seminario (ponderación: 50%): Realización dun traballo bibliográfico de estudo de retos e temas de investigación de interese, que deberán defender ante o profesor nunha data fixada. Previamente deberase entregar un resumo e unha copia da presentación. Os criterios que se seguirán para a súa avaliación serán principalmente: concreción das explicacións, apoio con exemplos e uso amplo de bibliografía, que deberá ser indicada no traballo.

Datas de avaliación:
1ª edición de actas: A proba realizarase o último día de clase, na semana do 2 ao 6 de xuño de 2014.

2ª edición de actas: 4 de xullo de 2014.

Todas as datas de exame que figuran no sistema de avaliación son
as aprobadas pola Xunta de Centro da ESEI. En caso de erro ao
transcribilas, a válida é a aprobada oficialmente e publicada no
calendario de exames da ESEI.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000