NORMAS BÁSICAS DE PRESENTACIÓN
A presentación do TFM constitúe un aspecto dunha gran importancia para a comunicación do que se desexa expresar. Recoméndase:
• Extensión do documento: entre 50-100 páxinas
• Papel e tamaño: O traballo débese presentar en papel branco, liso e de tamaño A4
• Tipo de Letra: Letra tipo Garamond (corpo 14) ou Times New Roman (corpo 12), a cal pode reducir o seu tamaño nos anexos, ilustracións e táboas. Os títulos ou epígrafes deben ir no mesmo tamaño e em negriña.
• Espazos: Interliñado de 1,5. Pódese usar espazo simple nos seguintes casos: notas e citas textuais; referencias bibliográficas; índice de ilustracións e táboas; anexos. Utilizarase espazo dobre logo dos títulos ou seccións.
• Numeración: Utilizaranse dous tipos de numeración
- Números romanos en minúsculas (i, ii, iii, etc.) para as páxinas preliminares, comezando pola páxina da portada, que non se numera pero se considera, e normalmente colocados no centro da marxe inferior de cada páxina sen ningún outro carácter adicional.
- Números arábigos para o texto do traballo, comezando desde a introdución ou desde o primeiro capítulo se non hai introdución. Se se presenta en máis dun volume, a paxinación é consecutiva, colocando o número sen ningún outro carácter adicional.
As páxinas nas que aparecen cadros e gráficos tamén deben numerarse, e a súa disposición, vertical ou horizontal, non alterará a posición do número de páxina.
|