Guia docente 2013_14
Facultad de Ciencias de la Educación
Máster Universitario en Intervención Multidisciplinar na Diversidade en Contextos Educativos
 Materias
  Educación de Adultos
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Resolución de problemas e/ou exercicios Valoraránse a realización de diferentes exercicios plantexados co obxecto de aclarar dudas e profundizar nos contidos da materia, desde a oportuna titorización (ata 1,5 puntos). Ata 15
Presentacións/exposicións Valorarase a exposición e intervencións compartidas polo alumnado co resto da clase (ata 1,5 puntos). Ata 15
Saídas de estudo/prácticas de campo valorarase a participación e interés do alumnado manifestado nunha saida a diferentes centros de educación de adultos, así coma algunha actividade derivada da mesma (ata 2,5 puntos). Ata 25
Foros de discusión Valorarase a participación do alumnado nos foros que plantexará o profesorado ao redor de tópicos centrais da materia, tendo en conta a fundamentación axeitada na que se apoia a aportación e a capacidade crítica amosada (ata 1 punto). Ata 10
Outros - Valorarase a participación do alumnado na clase a que se invitará un profesional da educación de adultos, co obxecto de contar a súa experiencia na mesma (0,5 puntos).
- Actividade de módulo (ata 1 punto).
Ata 15
Traballos e proxectos Valorarase o traballo realizado en pequenos grupos polo alumnado, unha vez concretado o tópico desenvolvido, co obxecto de profundizar e entrelazar oportunamente os contidos teóricos cos prácticos desde a oportuna titorización (ata 2 puntos). Ata 20
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A ponderación na puntuación da avaliación é a seguinte:

- Realización de actividades de aula: 60%

- Realización de actividades titoradas: 30%

- Realización de actividade de módulo: 10%

En segunda convocatoria o alumnado so deberá superar as competencias que non teña ainda acadado.

O alumnado que por motivo xustificado non poda asistir a todas as sesións presenciais contará con actividades alternativas para elo deberá contactar co profesorado.

O lugar de publicación das calificacións e da revisión será o taboeiro de anuncios do gabinete do profesorado responsable e/ou a
Plataforma Tema. Esta data de revisión sinalarase no listado de
calificacións exposto, a partir da data oficial no caso de estar
determinada, así como a hora (véxase web do mestrado da Facultade:
http://www.masterdiversidade.com/;
http://webs.uvigo.es/educacion-ou/web/index.php).

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000