Código |
Descrición |
A1 |
Comprender os principios básicos dos grandes ámbitos da diversidade dende unha perspectiva multidisciplinar |
A2 |
Adquirir habilidades básicas de deseño, aplicación e avaliación de propostas de intervención dirixidas a traballar coa diversidade, valorando especialmente as colaboracións innovadoras |
A3 |
Adquirir instrumentos conceptuais e metodolóxicos que faciliten a análise e reflexión sobre as prácticas profesionais relacionadas co tratamento da diversidade, en especial de aquelas que posúen un alto grao de innovación |
A4 |
Realizar estudos sistemáticos, sobre todo os que implicaren melloras de prácticas educativas, sendo capaz de difundilos con claridade a diversos tipos de audiencias |
A5 |
Elaborar materiais específicos para traballar coa diversidade, valorando, na medida das posibilidades, a súa aplicación na práctica |
A6 |
Utilizar as novas tecnoloxías en diferentes contextos: formativos, de investigación, de aplicación profesional, para difundir e compartir ideas, etc. |
A8 |
Coñecer a lexislación básica referida á diversidade nos contextos educativos e socio-educativos, analizando a súa implicación no exercicio profesional |
A11 |
Comprender, analizar e valorar as dimensións éticas e políticas implícitas nos procesos educativos formais e non formais en contextos de diversidade |
A12 |
Relacionar os contidos do mestrado coa experiencia persoal e con situacións educativas reais |
A15 |
Promover unha actitude positiva cara as ideas e as prácticas educativas innovadoras relacionadas coa diversidade |
A16 |
Adquirir condutas de respecto e de axuda. Ser sensibles a todo tipo de diversidade |