Código |
Descrición |
A1 |
Comprender os principios básicos dos grandes ámbitos da diversidade dende unha perspectiva multidisciplinar |
A2 |
Adquirir habilidades básicas de deseño, aplicación e avaliación de propostas de intervención dirixidas a traballar coa diversidade, valorando especialmente as colaboracións innovadoras |
A3 |
Adquirir instrumentos conceptuais e metodolóxicos que faciliten a análise e reflexión sobre as prácticas profesionais relacionadas co tratamento da diversidade, en especial de aquelas que posúen un alto grao de innovación |
A4 |
Realizar estudos sistemáticos, sobre todo os que implicaren melloras de prácticas educativas, sendo capaz de difundilos con claridade a diversos tipos de audiencias |
A6 |
Utilizar as novas tecnoloxías en diferentes contextos: formativos, de investigación, de aplicación profesional, para difundir e compartir ideas, etc. |
A7 |
Dominar diferentes estratexias metodolóxicas co propósito de mellorar as condutas profesionais e facilitar a aprendizaxe autónoma, a través do emprego de recursos como os contratos de aprendizaxe, a aprendizaxe baseada en problemas ou o uso de cartafoles. |
A9 |
Identificar os servizos de apoio escolares e socio-comunitarios que poden ser de utilidade no ámbito da diversidade |
A10 |
Planificar e organizar traballos tutelados,sendo capaz de buscar e analizar información procedente de diferentes fontes, obter e analizar datos e elaborar con corrección un informe relacionado con algún dos módulos do mestrado |
A11 |
Comprender, analizar e valorar as dimensións éticas e políticas implícitas nos procesos educativos formais e non formais en contextos de diversidade |
A12 |
Relacionar os contidos do mestrado coa experiencia persoal e con situacións educativas reais |
A13 |
Ser conscientes de que no ámbito educativo se toman continuamente decisións relacionadas co tratamento da diversidade, sendo necesario sacar á luz as ideas/teorías nas que se fundamentan esas decisións, tanto as persoais como as institucionais e colectivas. |
A14 |
Ser capaz de emitir unha valoración crítica sobre programas, materiais e prácticas educativas e socio-educativas relacionadas coa diversidade |
A15 |
Promover unha actitude positiva cara as ideas e as prácticas educativas innovadoras relacionadas coa diversidade |
A16 |
Adquirir condutas de respecto e de axuda. Ser sensibles a todo tipo de diversidade |
B1 |
Adquirir unha formación teórica de carácter multidisciplinar e comprender os fundamentos teórico-prácticos relacionados cos ámbitos de diversidade, con énfase nas necesidades educativas especiais, interculturalismo, compensación de desigualdades, sexo/xénero e educación de persoas adultas |
B2 |
Coñecer e analizar as situacións reais de diversidade que se poden ver reflectidas nos contextos educativos, tanto formais como non formais, empregando procesos sistemáticos de indagación |
B3 |
Establecer contacto directo con experiencias innovadoras relacionadas coa diversidade, valorando o seu interese e as posibilidades de seren transferidas a outros contextos profesionais semellantes, así como de seren aplicables a situacións novas e emerxentes |
B4 |
Favorecer a adquisición dos coñecementos e destrezas axeitadas para o deseño, posta en práctica e avaliación de propostas de intervención no ámbito da diversidade, ofrecendo novas iniciativas na resolución dos problemas |
B5 |
Adquirir un compromiso ético no desenvolvemento da profesión, especialmente no referido ao apoio dos colectivos e sectores sociais discriminados e menos favorecidos |