Guia docente 2013_14
Facultad de Ciencias de la Educación
Grao en Traballo Social
 Materias
  Conceptos, teorías e métodos en traballo social
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Seminarios O alumnado para garantir o desenvolmento da materia deberá traer realizas as tarefas encomendadas para cada sesión do seminario (esquema das lecturas e/ou resolución de exercios así como a súa exposición cando lles corresponda). Só poderá ser avaliado positivamente neste apartado si cumpre coas tarefas solicitadas de forma correcta (en tempo e forma). 10 máximo
Traballos tutelados Nas sesións dos pequenos grupos, asesorarase, orientarase e realizaranse tarefas en relación a un traballo relacionado coa temática da materia, proposto pola profesora. Estas tarefas son de obrigado cumprimento, en presentación en tempo e forma para ser avaliado positivamente. Terá carácter grupal e presentarase por escrito con formato de traballo académico. 30 máximo
Probas de tipo test Examen tipo test de resposta única. Constará de 20 ou 40 preguntas baixo o sistema de acertos-erros. Cada erro descontará 0'25. O número de preguntas netas para aprobar serán 13 ou 26. Versará sobre os contidos da materia desenvolvidos nas sesións maxistrais e nos seminarios.
No examen parcial liberatorio constará de 20 ou 40 preguntas tipo test de resposta única. O número de respostas netas para aprobar será de 13 ou 26 (acertos-erros).
40 máximo
Outras Defensa do traballo tutelado ante a profesora. A profesora establecerá data e hora para dita defensa de cada grupo. A nota discriminará a puntuación de forma individual. 20 máximo
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Para poder superar a materia deberán aprobarse previamente e de forma independente cada unha das probas previstas no apartado de avaliación. En todo caso, o alumnado non poderá ser avaliado se non presenta en tempo e forma en tarefas encomendadas para os seminarios e o traballo tutelado.

Advírtese o alumnado que non se gardará ningunha nota para o curso seguinte, este aspecto rixe tanto para o alumnado asistencial como non asistencial.

SISTEMAS DE AVALIACIÓN

1.-ALUMNADO ASISTENCIAL: será considerado como tal aquel que teña unha asistencia mínima do 80% ás sesións

maxistrais e un 80%  aos seminarios. En caso de non cumprir con este requisito serán

avaliados como alumnado non asistencial. O alumnado asistencial terá un examen parcial, con carácter liberatorio, previo a

convocatoria oficial. As modalidades así como a puntuación é a que está establecida nas metodoloxías de avaliación.

Lembrar que só se podré aprobar a materia, cando se obteña un aprobado en cada unha das metodoloxías de forma

independente.

2.-ALUMNADO NON ASISTENCIAL: aquel alumnado que non cumpra os requisitos mínimos de asistencia ás clases (maxistral e

seminarios). Este alumnado será avaliado nunha proba final que consistirá en (cada unha das partes deberá

estar aprobada por independente para poder superar a asignatura):

a.-Examen final na convocatoria oficial tipo test (igual formato e sistema de corrección que para os

asistentes). Este examen versará sobre os contidos teóricos das sesións maxistrais e seminarios. Puntuará un 40%

b.-Entrega dun dossier que recolla os traballos realizados polo alumnado asistencial para as tarefas dos seminarios e dos contidos do traballo tutelado. Puntuará un 10%

c.-Pregunta de desenvolmento: versará sobre os aspectos e materiais relacionados có traballo tutelado (avalía as

competencias obtidas polo alumnado asistencial no traballo tutelado). Puntuará un 30%

d.-Defensa oral (será convocado pola profesora en hora e día) dos contidos desenvolvidos no apartado c. Puntuará un 20%

ADVERTENCIA: O seguimento continua das actividades de aula, realizarase a traverso da Plataforma Faitic, polo tanto todo o alumnado matriculado (tanto asistencial como non asistencial) debe estar inscrito en dita plataforma desde o inicio de curso.

SEGUNDA CONVOCATORIA

Na convocatoria de xullo serán avaliadas só aquelas probas e competencias que non se superaran na convocatoria anterior.

 

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000