Guia docente 2013_14
Facultad de Ciencias de la Educación
Grao en Traballo Social
 Materias
  Organización dos servizos sociais
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Traballos tutelados Inclúese neste epígrafe a parte práctica da materia que suporá un 50% da cualificación final. Valorarase cada un dos traballos solicitados e presentados polo/a estudante de xeito individual e/ou en grupo. Será necesario ter realizado e aprobado cada un dos traballos propostos. Cómpre ter aprobada esta parte para facer media coa nota obtida na proba tipo test.
Consideraranse dentro desta parte todos os traballos prácticos, exercicios, presentacións/exposicións e prácticas de aula realizadas.
Solicitarase un dossier individual no que se inclúan todas as prácticas, exercicios e traballos realizados.
Os traballos grupais deberán entregarse nos correspondentes informes.
Considerarase parte do seguemento avaliable da parte práctica da materia a realización de probas aleatorias (resposta por escrito a preguntas; pequenos test...) tendentes a comprobar na aula a realización dos traballos e encargos solicitados. A nota da parte práctica da materia só fará media coa nota da parte teórica (exame) se é igual ou superior a 2,5.
50
Probas de tipo test O /A alumno/alumna examinarase da parte teórica da materia desenvolta nas sesións maxistrais e nos seminarios. A nota obtida no exame da parte teórica será o 50% da nota total e só fará media coa nota da parte práctica se é igual ou superior a 2,5. Para o alumnado asistente, o exame constará de 40 preguntas con catro alternativas de resposta, das cales só unha é verdadeira. Cada tres respostas incorrectas invalidarase unha resposta correcta. O corte do aprobado sitúase en 20. 50
Outros comentarios sobre a Avaliación
Modalidade de avaliación para estudantes presenciais con asistencia regular. 
<p justify??="">A planificación do proceso ensinanza-aprendizaxe esixe a presenza dos/as estudantes nas actividades prácticas que se desenvolverán durante o curso, en especial naquelas relacionadas coa adquisición de competencias relativas ao saber facer e ao saber ser (procedementais e actitudinais). Subliñar que non chega con «asistir» á clase, nin que o que se avalía é a asistencia do alumnado, senón que o avaliable son os resultados do proceso ensinanza-aprendizaxe reflectidos nos exercicios e actividades ben realizados e a participación activa e pertinente nas clases prácticas. Polo tanto esixiráselle ao estudantado a súa presenza nas actividades ao longo do curso(verificable con listas de asistencia) non podendo faltar a máis de 5 clases prácticas durante o cuadrimestre (dun total de 23 clases prácticas distribuídas 16 en grupo mediano e 7 de pequeno grupo) e, así mesmo,esixiráselle a asistencia ás clases maxistrais non podendo faltar máis do 20 por cento do total (dun total de 20 horas poderá faltar a 4). O profesorado non lle pedirá ao alumnado explicación ningunha de por que non acode á clase. Se o/a estudante deixa de asistir, sexa cal sexa a circunstancia, terá que optar pola segunda modalidade de avaliación. 
<p justify??="">Modalidade de avaliación para estudantes non asistentes con regularidade. 
<p justify??="">O alumnado que opte por non asistir ás clases,non poida, ou pretendendo ser estudantes asistentes teñan máis faltas das permitidas, terán que demostrar o coñecemento dos aspectos procedementais e actitudinais da materia no exame final (convocatoria oficial). Nesta modalidade, a avaliación soamente se realizará a través do exame da convocatoria oficial e suporá o 100 % da nota. A parte teórica da materia pódese estudar por completo a través da bibliografía básica recomendada. En canto á parte práctica esixiráselle ao alumnado que saiba responder os contidos conceptuais, actitudinais e procedementais desenvoltos ao longo do curso e que pode adquirir a través de textos existentes na biblioteca e dos apuntamentos da clase. 
<p justify??="">Convocatorias seguintes. 
<p justify??="">O alumnado da modalidade asistencial poderá recuperar as competencias non superadas derivadas da totalidade ou de parte das probas/actividades obxecto de avaliación na convocatoria de xullo. Os/As estudantes da modalidade non asistencial terán que repetir novamente o exame. A 1ª convocatoria, no caso de non superar a materia, non consta no expediente académico. A cualificación faise efectiva en xullo.Non se gardarán notas de ningunha parte da materia para o seguinte curso académico. 
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000